Korrontzi e Manuel Luna y Brena pechan o FOLK NO CAMIÑO FEST

Hoxe a partires das 23 horas, será a derradeira xornada desta primeira edición do FOLK NO CAMIÑO FEST  o festival de músicas dos diferentes pobos do estado español  que baixo a denominación de IBERIAN ROOTS  está percorrendo diferentes vilas e cidades, inaugurábase antonte cos  cataláns ROS . Onte sábado foi a quenda dos grupos Miguel Afonso de Canarias e o grupo galego BRATH, que presentou o seu novo álbum titulado xenericamente “CLAN ATALANTE”.  BRATH que se formou nesta vila hai 42 anos é unha das formacións históricas da música galega e nestas máis de catro décadas ten levado a súa música a diferentes continentes e actuado en moitos dos auditorios e festivais máis importantes do mundo.

Este domingo os primeiros en subir ao escenario na praza da Vila de Sarria, serán Manuel Luna y Brena. Este grupo cántabro liderado polo antropólogo e musicólogo Manuel Luna leva máis de 40 anos traballando no folclore cántabro e desenvolvendo unha labor de espallamento da música desta autonomía do norte da península.

Pola súa banda o grupo vasco Korrontzi pechará esta primeira edición do FOLK NO CAMIÑO FEST. Agus Barandiaran é hoxe o máximo representante da tikitritxa (acordeón diatónico vasco) e con este instrumento está a recorrer o mundo levando a música de Euskadi por Estados Unidos e Europa onde ten acadada unha merecida fama. Ao grupo acompáñanos unha parella de danzadores vascos que bailan mentres o grupo fai a súa actuación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com