A Audiencia de Lugo absolve a un acusado dun delito de violación por falta de probas

A Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un home acusado dun delito de violación ao entender que non hai probas de que cometese os feitos polos que foi denunciado. Lembra o tribunal que nun delito contra a indemnidade sexual, onde non adoita haber testemuñas, o testemuño da vítima álzase como determinante para alcanzar a convicción condenatoria ou absolutoria por parte da sala.

Neste caso, a denunciante variou a súa declaración sobre cuestións que o tribunal considera determinantes, como a posesión dunha navalla por parte do agresor ou os propios actos de agresión que se desenvolverían no domicilio. Tamén menciona a sala que, “se a agresión, tal e como refire a denunciante, se produciu xa ao chegar ao piso, pois a conduciu ao cuarto onde a agrediu, e de aí ao salón, onde repetiu a agresión, correspóndese mal coa existencia de polo menos unha cabicha que presenta ADN da denunciante, e que evidencia unha situación, polo menos temporal, de relax”. Conclúen os maxistrados da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo que “o relato que leva a cabo a denunciante non se mantén uniforme ao longo do tempo, variando nas plenario circunstancias que non poden tacharse de accesorias e que fan decaer a contundencia do relato”, o que os leva a alcanzar un pronunciamento absolutorio. A sentenza é recorrible ante a Sala do Civil e Penal do TSXG.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com