Hoxe presentouse no Chao de Pousadoiro, o “Cancioneiro da Ribeira de Piquín”, unha publicación editada por Canela coa colaboración da Deputación de Lugo na que Noemí García Rodríguez e Xosé Manuel Sánchez Rei compilan máis de 200 cantares tradicionais recollido no concello e na súa contorna.
Ademais de recoller os textos, a obra conta cun completo estudo introdutorio, lingüístico e histórico, no que se analiza o tipo das
cantigas, a simboloxía o valor da lingua ou a transmisión desta lírica tradicional de xeración en xeración.
Un labor no que teñen destacado distintas persoas vinculadas a Ribeira de Piquín, como o filólogo e lexicógrafo Aníbal Otero, un verdadeiro precursor na recollida e estudo do romanceiro galego de tradición oral e autor do imprescindible Vocabulario de San Xurxo de Piquín; Xosé Seivane, construtor e gaiteiro, ou o violinista e cantor Florencio, o cego dos Vilares.