Últimos días para solicitar as subvencións do Concello para a promoción da igualdade e a favor dos dereitos LGTBI+

Últimos días para solicitar as subvencións do Concello para a promoción da igualdade e a favor dos dereitos LGTBI+.

Segundo informou a rexedora de Lugo, estas axudas “están dirixidas a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido da promoción da igualdade de xénero a través do deporte feminino, o ocio e as actividades culturais que potencian a integración da muller, ou na promoción, a orientación, o asesoramento e a formación sobre dereitos humanos en materia LGTBI+ e sobre diversidade sexual e de xénero no exercicio 2022”.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata este xoves, 4 de agosto, logo de que as bases foran publicadas no BOP o 13 de xullo. Existen dúas liñas de subvención:

a) Para a promoción da igualdade de xénero, o fomento do deporte feminino, ocio e actividades culturais que fomenten a integración da muller.

b) Para a promoción de proxectos en favor de colectivos afectivo-sexuais (orientación, asesoramento e formación sobre dereitos humanos en materia LGTBIQ+ e sobre diversidade sexual e de xénero).

Só se recibirá subvención para unha única liña de subvención de xeito que de solicitarse para as dúas o órgano municipal competente decidirá cal é a liña que recibirá, se é o caso, subvención.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com