Inaugurada en Compostela a exposición sobre o escritor paradelense Manuel Rodriguez López

Na biblioteca Anxo Casal en Compostela, vense de abrir ao público a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do  escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a  vixésima edición.

A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ  emprendido por  GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Real Academia Galega. Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido en Paradela para logo expoñerse en  Lugo – Museo Provincial- no San Froilán de 2013, e posteriormente en Begonte, Paradela, Portomarín, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona, Madrid, e na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso. Na Biblioteca Anxo Casal vai permanecer ata finais do mes de xullo. Con posterioridade visitará Guitiriz, con motivo do Festival de Pardiñas. Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com