48 horas despois de iniciarse os traballos na zona e tal e como estaba previsto, caeu o vano que quedaba en pe no viaduto do Castro. Era arredor das 13:00 horas cando se produciu o derrube do segundo vano deste viaduto tal e como previron dende o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) que calculaban que o vano caería nun par de días.
O vano que se rompeu en cinco anacos e causou unha gran nube de po.