O Concello organiza unha excursión á Illa de Arousa

Máis dun centenar de maiores do rural lugués participarán este sábado na excursión á Illa de Arousa organizada pola concellería de Benestar Social, que dirixe a edil Olga López. Será a segunda viaxe que se realice este verán dentro do Programa de Animación Sociocultural promovido polo Goberno de Lara Méndez. A primeira tivo lugar o pásado domingo a Noia, onde os participantes puideron gozar da súa tradicional Festa da Empanada, unha das citas gastronómicas por excelencia da comarca.

“O obxectivo destas excursións é ofrecerlle ás e aos maiores unha alternativa de lecer que mesture actividade cultural, praia e gastronomía, axudándolles, ao mesmo tempo, a socializar e a vivir novas experiencias”, lembrou a concelleira.

Neste senso, esta segunda viaxe terá como destino a Illa de Arousa, onde o sábado se celebra a Festa do Polbo. “A iniciativa tivo un gran éxito entre a veciñanza do rural pois esgotáronse todas as prazas dispoñibles, o que demostra o interés xerado”, explicou Olga López.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com