Volve a actividade aos Codex Cinema con baixada de prezo e sesións os xoves

Logo das vacacións de estío, os Codex Cinema continuan coa súa programación habitual e dúas novidades importantes: redución do prezo da entrada e a recuperación das proxeccións dos xoves na segunda semana de setembro.

A primeira estrea desta semana é Tres mil anos agardando por ti, o agardado retorno á dirección do australiano George Miller tras conquistar o corazón de público e crítica en 2015 con Mad Max: Fury Road. O novo filme foi presentado no pasado Festival de Cannes e conta cun reparto encabezado polos británicos Tilda Swinton e Idris Elba. Tres mil anos agardando por ti combina acción, aventura e épica histórica, dilúe a barreira entre o real e a fantasía e aposta por unha estética profundamental visual.

A outra estrea da semana é Fire of Love, dirixida pola prestixiosa documentalista estadounidense Sara Dosa. O filme conta a historia de Katia e Maurice Krafft, unha parella de vulcanólogos moi célebres durante os anos setenta pola súa innovadora maneira de achegarse aos volcáns tomando así fotografías e gravacións en vídeo que conquistaron o corazón da opinión pública. Realizado a partir dun arquivo de máis de 200 horas ten un fío narrador que conta coa voz de artista multidisciplinar Miranda July. O documental gañou o premio á Mellor montaxe documental no Festival de Sundance e percorrei máis dunha vintena de certames.

Poden consultar a programación e horarios na páxina: www.caldiae.gal

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com