A Federación de Veciños de Lugo emprenderá accións xudiciais contra Rubén Arroxo

A Federación de AA.VV de Lugo, Lucus Augusti, ven de informar que acordaron por unanimidade de todos os seus compoñentes presentar accións xudiciais contra Rubén Arroxo, Teniente de Alcadesa de Lugo, polas declaracións efectuadas nos últimos días nos medios de comunicación cara esta federación de veciños.

Segundo o comunicado da federación “Esta Federación condena, como xa fixo o seu presidente, calquera ameaza do tipo que sexa a calquera persoa ou entidade. Unha vez máis insistimos en que hai liñas vermellas que non se poden traspasar. O Sr. Arroxo, atribúe a esta Federación Veciñal (segundo parece e segundo recollen os medios de comunicación) estar detrás destas ameazas, o cal negamos categoricamente. Tamén negamos rotunda e categoricamente que desde a Federación Veciñal ou por parte de ningún dos seus membros estea a fomentarse, promovendo ou lanzando calquera mensaxe de odio (como parece ser que nos imputa o Sr. Arroxo. É mentira que nalgunha ocasión solicitásemos trato de favor áo Sr. Arroxo ou áos seus compañeiros de partido. Si é certo que desde a nosa organización sempre tratamos
de implementar o desenvolvemento dos orzamentos participativos. Algo que recolle o propio programa do BNG e que desde a chegada ó goberno do Sr. Arroxo suprimiuse a posibilidade de levar a os cabo devanditos orzamentos participativos.
Cremos que o Sr. Arroxo cando se dirixe a nós o único que está a facer é campaña electoral. O Sr. Arroxo entendemos que asumindo o seu papel de víctima pretende rentabilizalo electoralmente. Negamos categoricamente fomentar mensaxes de odio ou estar detrás das
presuntas ameazas ao Sr. Arroxo. E por tanto non nos queda máis remedio que entendendo que se nos atribúen feitos punibles e falsos, desenvolveremos e levaremos a cabo as accións xudiciais oportunas para defender o noso traballo e a nosa honra. Entendemos, que o Sr. Arroxo pretende amedrentarnos, controlarnos e facernos dóciles e submisos. Non imos permitir que nun estado democrático e de dereito
conseguido con esforzo e sufrimento por todos os veciños exista ese tipo de comportamento exercido por quen ostenta o poder. Continuaremos traballando por todos os nosos asociados, sen admitir ningún tipo de presión”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com