Os drons de Axega volven volve a Friol para seguir colaborando na busca dun veciño desaparecido

Cando está a piques de cumprirse unha semana da desaparición dun veciño de Friol, o equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) volve á vila para seguir colaborando coa Garda Civil na súa busca.

Na medianoite do pasado domingo, os axentes de seguridade contactaron co 112 Galicia co fin de reunir os medios necesarios para tratar de localizar a un octoxenario con domicilio no lugar do Manxadoiro.

Tras varios días na súa procura, o equipo de técnicos do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA volve unha vez máis cos drons para participar no dispositivo organizado esta mañá pola Garda Civil para intentar dar co paradoiro deste veciño, cuxo vehículo foi localizado preto da súa casa.

Así, dúas patrullas do corpo de seguridade, os técnicos da AXEGA e arredor de 15 civís forman parte do operativo que volve un día máis á busca.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com