Buses gratuítos de ida e volta para o Caudal Fest cada 15 minutos

O Concello facilitará autobuses gratuítos cada 15 minutos desde o centro da cidade ao Festival do Caudal Fest, tanto de ida como de volta, para que os asistentes acudan de forma máis cómoda e segura.

A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira, lembra que os buses lanzadeira sairán dende a Praza de Bretaña nas dúas xornadas do festival: o venres con saídas continuas desde ás 18.00 h. ata 04.30 horas da madrugada; e o sábado, das 15.00 h. ás 03.45 h. da madrugada.

O percorrido de ida é o seguinte: Praza de Bretaña, pasando por Ramón Ferreiro, Avenida de Madrid e N-VI, ata o festival; e o de regreso; Volta da Viña, rúa Santiago, rúa Vilalba, Ramón Ferreiro e Praza de Bretaña. Tamén haberá unha zona reservada para taxis, que estará ao lado da parada do autobús. Ambas as dúas estarán acotadas para garantir a fluidez

#AúltimaGranFestaDoVerán contará con Izal que se sumaba a finais de agosto a nomes como Robe, Estopa ou Morad como grandes atractivos desta cita, que en edicións anteriores deixou máis de 3 millóns de euros no municipio.

A cita contará tamén cun punto Violeta, este ano en forma de caravana morada, “queremos que sexan uns días de festividade e de lecer entre os veciños e veciñas da nosa cidade e de todos os visitantes que nos acompañen, que serán moitos, pero contando coa máxima seguridade posible”, sostivo a edi. O horario de atención será o seguinte: venres, de 18:30 a 04:00 horas, e sábado de 15:30 a 04:00 horas, atendido por dúas psicólogas e catro voluntarias.

O Concello avanzou tamén a pasada semana o dispositivo de seguridade do Caudal Fest o cal contempla unha dotación de bombeiros e tres unidades permanentes da Policía Local que realizarán un operativo especial que terá por obxecto a regulación do tráfico e o control da seguridade viaria; a preservación da seguridade cidadá e a orde pública, e a prevención de delitos contra a saúde pública e contra o patrimonio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com