Rescatan a un operario que caeu por un barranco cun vehículo de obra en Pedrafita do Cebreiro

Os Bombeiros de Sarria, os servizos sanitarios e persoal do Concello efectuaron o rescate do operario e evacuárono ao helicóptero medicalizado mobilizado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, no que foi trasladado ata o Hospital Universitario Lucus Augusti.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente laboral uns minutos despois das 10:00 horas, a través dun compañeiro do operario. Segundo indicaba na súa comunicación, estaban a arranxar a estrada que une Pedrafita do Cebreiro e Seone, cando o seu compañeiro, que se atopaba co vehículo nos laterais da vía, caeu polo desnivel.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, dos Bombeiros de Sarria e do persoal do Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com