A candidata á alcaldía de Lugo, Elena Candia, mantivo unha xuntanza cunha representación dos veciños de Albeiros afectados polas okupacións ilegais e trasladoulles que cando chegue á alcaldía “porá todos os medios para actuar o antes posible ante calquera
okupación”. Durante esta xuntanza a alcaldable dos populares avanzou que cando chegue á alcaldía creará “unha oficina antiokupación para informar e asesorar á veciñanza”.
A popular indicou que “ante un Partido Socialista que ata onte mesmo estaba de brazos cruzados e daba carta branca aos okupas acusando ao Partido Popular de Lugo de alarmista no PP mantivemos sempre unha postura clara en defensa da propiedade privada”. Candia tamén se referiu “ás diferentes iniciativas que o Partido Popular presentou en diferentes institucións do ámbito local, autonómico e estatal co ánimo de propoñer medidas en prol da convivencia veciñal”.
A candidata da alcaldía do PP, que participou xunto con membros do Grupo Municipal nun encontro con veciños de Albeiros, matizou que “en Lugo levamos anos padecendo okupacións de vivendas de maneira ilegal e hai barrios onde existe xa un problema de convivencia veciñal” Hai unha preocupación que medra entre a cidadanía, estámolo vendo nas visitas que realizamos aos barrios”, aclara.