Mañá, venres, ás 20,00 h., no salón da Deputación Provincial, terá lugar unha homenaxe a Darío Xohán Cabana por parte da LXIV Semana de Cine de Lugo, coa proxección da película A MARIÑEIRA, do lucense Antón Dobao, baseada nun relato de Darío.
Asistirán membros da familia do escritor recentemente falecido, e o director da película.
A razón primeira desta homenaxe dentro da Semana de Cine, está na especial relación amistosa de Darío coa organización, xa que o escritor foi un extraordinario compañeiro dos organizadores durante moitos anos como encargado do Auditorio Gustavo Freire e a estreita relación entre Darío e todos os directivos de Fonmiñá, cos que colaborou en todo momento.
Tanto a familia como o director da película recibirán unha estatuiña de lembranza e homenaxe.