No serán de hoxe vaise celebrar unha nova asemblea da Plataforma Cidadá Lugonovo. Na mesma vanse analizar os últimos acontecementos políticos, así como a estratexia a seguir nas negociacións co Psoe para integrarse no goberno municipal.
No transcurso da mesma non se vai abordar o tema da entrada no goberno municipal, ata que os socialistas os volvan convocar para proseguir coas negociacións que comezaran a semana pasada. Se esta nova xuntanza se chega a producir, os representantes de Lugonovo exporán as súas condicións, que de ser aceptadas, trasladarían á militancia convocando unha nova asemblea que sería esta, en definitiva, quen daría o visto e prace para entrar ou non, na xestión municipal.
Polo que de agora haberá que seguir a agardar a que se produza esa nova reunión entre socialistas e Lugonovo, para saber se definitivamente o Concello de Lugo estará gobernado por unha coalición formada por Psdg-Psoe e Lugonovo.