A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria premiou a 22 escolares de toda a provincia no certame de debuxo e redacción convocado con motivo do Día das Letras Galegas.
A esta fase final chegaron preto de 300 debuxos e redaccións que previamente resultaran gañadores nas respectivas fases locais desenvolvidas nunha vintena de concellos. Ao respecto, cabe lembrar que este concurso está organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo en coordinación con outras 19 bibliotecas públicas da provincia.
A entrega de premios desenvolverase o vindeiro venres, día 26, ás 18.00 horas na Biblioteca Nodal de Lugo. Os galardoados recibirán cadansúa estatuíña de Sargadelos, diploma e lote de publicacións. Os accésits están dotados con cadanseu diploma e lote de publicacións.
Os escolares premiados na especialidade de debuxo nas diferentes categorías foron os seguintes:
Categoría A (ata 8 anos)
Lois González Pérez, 8 anos. Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos; Adrián Díaz Rey, 7 anos. Biblioteca Municipal de Outeiro de Rei; Serea Cayón Villamil, 5 anos. Biblioteca Municipal de Burela
Categoría B (de 9 a 11 anos)
Ángela García Palmeira, 10 anos. Biblioteca Municipal de Alfoz; Emma Reigo Eiroa, 11 anos. Biblioteca Municipal de Viveiro; Brais Vázquez Bande, 10 anos. Biblioteca Provincial de Lugo
Categoría C (12 a 16 anos)
Lucia Amaro Losada, 15 anos. Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos; Iria Vidal, 12 anos. Biblioteca Municipal de Ribadeo; Sara González Vázquez, 12 anos. Biblioteca Municipal de Viveiro
Polo que respecta aos traballos de narración, acordáronse os seguintes premios:
Categoría A (ata 8 anos)
Juan Devesa Núñez, 8 anos. Biblioteca Provincial de Lugo; Diego Iglesias Oliveros, 8 anos. Biblioteca Municipal de Ribadeo; Antía Gutiérrez Gavín, 8 anos. Biblioteca Municipal de Lourenzá
Accésit:
Gabriel Fernández González, 8 anos. Biblioteca Municipal de Outeiro de Rei
Categoría B (de 9 a 11 anos)
Paula Vicente Corredoira, 10 anos. Biblioteca Provincial; Sandra Mariño Mourelle, 11 anos. Biblioteca Municipal de Antas de Ulla; Antía Lillo Irimia, 11 anos. Biblioteca Municipal de Lourenzá
Accésit:
Rosa Martín De Burgos, 10 anos. Biblioteca Municipal de San Cosme de Barreiros
Categoría C (12 a 16 anos)
Yanira Reimunde Bancos, 15 anos. Biblioteca Municipal de Ribadeo; Antía Enríquez Martínez, 16 anos. Biblioteca Municipal de Ribadeo; Lucía Amaro Losada, 15 anos. Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos.
Accésits:
Alicia Díaz Carballeira, 15 anos. Biblioteca Pública Provincial; Alba García García, 13 anos. Biblioteca Municipal de Alfoz.
O tema do certame era “Da ciencia á ficción”. O xurado da fase provincial estivo formado por Yolanda Gómez González, xefa do servizo de Coordinación da Área Cultural; Carmen Areán Vázquez, inspectora xefe de Educación; Marisol González Regal, directora da Biblioteca Nodal de Lugo, e Manuel Gulín Rodríguez, pintor. Actuou como secretario o xornalista Xulio Giz Ramil.