A Plataforma Sanitaria da Mariña ven de presentar en todos os Concellos da comarca mocións en apoio da ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria. As mocións, que se debaterán nos Plenos Municipais de todas as localidades, veñen a reforzar a campaña que se está a realizar na comarca e no país de recollida de sinaturas en apoio da ILP.
A Iniciativa Lexislativa Popular está promovida por SOS Sanidade Pública, colectivo do que forma parte a plataforma, ao igual que o resto das plataformas sanitarias do país, e trata cuestión tan importantes como garantir presencialidade nas consultas, rematar coa inestabilidade e precariedade do persoal como regra xeral, a reapertura dos das consultas pechadas nos últimos anos , incrementar o persoal médico, de enfermería e administrativo á vez que se incorporan novas categorías profesionais ou recuperar as Xerencias de Atención Primaria.
Foz foi o primeiro Concello en debater e aprobar a devandita moción, nun pleno que se celebrou o pasado xoves 27 de outubro, no que o PP votou en contra.