Foz vivirá a súa segunda Festa Vintage este sábado

Foz vivirá a súa segunda Festa Vintage este sábado, 27 de xuño, con unha chea de actividades ao longo de toda a fin de semana, organizadas polo Centro Comercial Aberto coa colaboración do Concello.

O retorno aos anos 20 enmárcase dentro das actividades, que cada mes programa o Centro Comercial Aberto, co obxectivo de promocionar o seu comercio e a súa hostalería e para ofrecer alternativas atractivas aos veciños e visitantes.

Do 26 ao 28 de xuño coa Lei Seca varios locais hostaleiros ofrecerán menús e tapas vintage. Son: A Funcional, A Maseira, A Rula, Asoalta, A Viela, Bar 78, Anduriña, Dandy, Xoyma, Portovello, Marexada, O Lar, O Náutico, O Tangarte Mariñeiro, O Tangarte e Fina.

Os días 26 e 27 os clientes do comercio focense poderán beneficiarse da fin de semana sen IVE. Aquelas persoas que fagan as súas compras en 100 P’S Zapatería e Complementos, 5 Lobiños, Arrullos, Catorce Cero Catro Sneaker Shop, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Longarela Moda Hombre y Mujer, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, PI-R Moda Hombre, Saint Tropez, Vagaluz, Vas’s e Zapatería Chilena, beneficiaranse desta fin de semana sen IVE.

Mañá, venres, haberá unha Festa Vintage Infantil en Oz. Centro de Ocio Infantil a partir das 17.00 horas. E en Marexada Café os asistentes poderán degustar cócteles con toque anos 20. Xa o sábado de 11:30 a 20:30 horas haberá un mercadillo vintage na avenida Álvaro Cunqueiro. Ás doce da mañá batukada polas rúas e á unha pasarrúas a cargo dun grupo da Escola de Música.

Ademais a avenida da Mariña, estará cortada ao tráfico rodado, o sábado, para acoller as actividades organizadas para os nenos e as nenas que acudan xunto aos seus pais á II Festa Vintage: haberá xogos infantís, colchonetas, pintacaras, ou globoflexia. Os rapaces estarán acompañados por monitores de animación.

De 17:30 a 20:30 horas a praza Conde Fontao acollerá un taller de cociña do programa Cómete o mar. De 18 a 20 horas diante das librarías Bahía e Ofifoz os nenos gozarán unha actividade da man de Elena Aragón e ás 18 horas nova sesión de batukada nas rúas. E concerto de Eva al desnudo en Marexada Café, no paseo Colón.

Os responsables do Centro Comercial Aberto animan “a focenses, visitantes e a toda a comarca a coller os seus traxes e os seus vestidos e a viaxar por un día á década dos anos 20, a principios del pasado século XX”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com