Elena Candia aposta por un goberno para todos os concellos lugueses

En rolda de prensa celebrada hoxe na sede do Partido Popular de Lugo compareceron a nova Presidenta da Deputación, Elena Candia, e o Presidente do Partido Popular Provincial, José Manuel Barreiro.

Barreiro foi o primeiro que tomou a palabra e tras felicitar a Elena Candia polo seu nomeamento, declarou que o novo goberno provincial vai traballar para todas as persoas e todos os concellos, sexan da cor que sexan. A continuación subliñou que o Secretario Xeral do Psdg-Psoe, José Ramón Gómez Besteiro, deixara parte do seu crédito político nestas eleccións municipais, primeiro por entregar a cabeza de Orozco e máis tarde a de Santín e Martínez.

De seguido tomou a palabra Elena Candia quen declarou que “a súa elección non tería porque ser noticia xa que son a forza máis votada, como xa acontecera nas anteriores eleccións” e continuo “O PP non  vai deixar que ningún pacto nin manobra política marque os tempos do novo goberno provincial”.

Asemade recalcou como xa o fixera no discurso de toma de posesión que “accede o cargo con moita humildade” e que traballará para toda a cidadanía.

O Presidente do Partido Popular, volveu tomar a palabra para dicir que “esta operación tiña un candidato oculto, que non era nin Santín nin Martínez, senón o Concelleiro por Láncara e Deputado Provincial Pablo Rivera”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com