Manuel Martínez compareceu hoxe diante dos medios de comunicación para explicar cales foran os motivos do seu proceder e dixo que está disposto a unha moción de censura, sempre que o candidato á presidencia da Deputación sexa el.
Martínez explicou que el en todo momento mantivo escrupulosamente as normas do partido e que polo tanto non se lle pode acusar de nada ilegal, e continuou “nun partido que presume de primarias non se entende que despois de ter sido elixido democraticamente se vote a outro candidato que non se sabe quen o designou”
Acusou de falta de coherencia á dirección nacional do BNG por aplicar distintas varas de medir e apelou á presunción de inocencia, da que dixo “´é un dereito constitucional”.
Pediulle ao Psoe “que o defenda e o ampare porque eu non estou disposto a que un militante doutro partido me diga o que teño que facer no meu”. Agradeceulle ao Psoe que puidera facer a rolda de prensa no local e insistiu de novo en que o BNG son os únicos responsables do que está a suceder na Deputación Provincial de Lugo.