Esta tarde a Plataforma Feminista de Lugo convocou una mobilización en resposta ao cruel asasinato de Cristina Cabo Buján.
A portavoz da Plataforma Feminista de Lugo, Ana Torrón, xa trasladara a desolación que hai no colectivo polo crime da rúa Quiroga.
“Aparte de ser a mellor persoa do mundo, era a mellor compañeira e tamén a mellor amiga. Non se pode dicir nada que non sexa marabilloso dela”.
Torrón definiu a Cristina Cabo como “unha persoa xenerosa, que axudaba a todo o mundo, que estaba súper comprometida coa ecoloxía, co medio ambiente e coa economía sostible”.
A Alcaldesa de Lugo, acompañada de concelleiros e concelleiras da Corporación, sumaronse a esta concentración e transmitiron unha vez máis, o seu pesar e todo o seu agarimo á familia e amigos de Cristina Cano, “unha persoa moi querida e que nunca esqueceremos”.