O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a traveso da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, finalizou as obras de acondicionamento da canle e marxes do río Cabe ao seu paso por Monforte de Lemos, no tramo A Compañía -núcleo de Piñeira.
Esta mañá o presidente da CH do Miño-Sil, Francisco Marín e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, supervisaron o resultado das actuacións, que hoxe se abren ao uso público, acompañados polo alcalde de Monforte, José Tomé.
O investimento realizado supera os 3,1millones de euros, financiados con cargo aos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), sufragados nun 80% polo Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e o 20% restante pola Deputación Provincial.
O obxectivo conseguido co proxecto é a mellora ambiental e a protección de marxes fronte a inundacións do río Cabe no tramo que discorre pola zona urbana de Monforte de Lemos, entre A Compañía e Piñeira. As actuacións comezaron coa demolición de muros, estruturas, pavimentos e valos existentes nas zonas de actuación para continuar cun estudo fitosanitario das masas forestais de ribeira, para reformular as zonas a desbrozar e podar.