Concellería de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, que dirixe Olga López Racamonde, oferta unha nova viaxe cultural enmarcada na Programación de Animación Sociocultural. Trátase dunha saída ao complexo histórico e artístico de Sargadelos e tamén á vila de Viveiro.
Así o deu a coñecer esta mañá a concelleira , quen anunciou que a saída terá lugar o venres, 27 de xaneiro. A xornada arrincará ás 09:30 horas dende a Praza de Bretaña, regresando ao mesmo punto sobre as 20:30 horas. As e os veciños que participen nesta excursión municipal visitarán a Real Fábrica e o Museo Histórico de Sargadelos, e posteriormente viaxarán ata a vila de Viveiro. A entrada ao complexo histórico-artístico corrrerá a cargo do Concello e o xantar, a cargo das persoas participantes.
Esta primeira saída cultural do ano está pensada, unha vez máis,como actividade recreativa para a socialización das persoas maiores, pero mantense aberta a toda a veciñanza.
A cidadanía interesada en asistir poderá apuntarse dos días 16 ao 20 de xaneiro, ou ata completar a capacidade do autobús, nos centros de convivencia Maruja Mallo ou Uxío Novoneyra, en horario das 10:00 ás 13:00 h. Deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603 (http://www.lugo.es/