Dende Lugonovo queren expresar o apoio e solidaridade aos colectivos de homosexuais, lesbianas e transexuais, no día da conmemoración do Día do Orgullo Gay.
“Así como noutros concellos de Galicia a bandeira do arco da vella colga dos balcóns e mastros, a nosa institución non debería ser menos, por iso esiximos a nosa alcaldesa que sexa receptiva a esta petición e manteña colgada a insiña ata que rematen os actos relacionados con este día”.
Lugonovo fixo asemade un chamamento a toda sociedade para que a vida pública e privada sexa respectada e gozada con normalidade e xenerosidade.