Dende esta mesma semana e até mediados de febreiro, incorporanse ao servizo municipal de limpeza viaria un total de 6 varredoras e dúas baldeadoras 100% eléctricas e que, proximamente, o farán outras tres varredoras máis de gran envergadura para calzadas.
“Tratase de vehículos equipados ao máximo para a prestación do servizo”, avances que o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, explicou polo miúdo. “No caso das varredoras, que poderán circular a unha velocidade máxima de 25 km/h, están dotadas coa mellor batería da súa clase o que redundará na súa operatividade e vida útil. Cunha carga de ata 1.200 kg de peso contan con dous cepillos de varrido frontal e unha tolva de aluminio con sistema de reciclado de auga mentres que as baldeadoras, que poden alcanzar os 40 km/hora, levan conexións hidráulicas dianteiras e traseiras, con acoplamentos para bomba de auga, fregadora, etc que mesmo permiten o seu funcionamento con cadeas de neve. Características técnicas, todas elas, que reverterán directamente na súa versatilidade e que aumentarán a eficacia das tarefas de aseo”, engadiu o edil.