Codex Cinema estrea hoxe venres o filme “O triángulo da tristura” gañador da Palma de Ouro no pasado Festival de Cannes.
O filme dirixido por Ruben Östlund é unha divertida sátira sobre os influencer e a loita de clases.
Conta a historia de Carl e Yaya, parella de modelos e “influencers”, que tras a Semana de Moda son invitados a un iate nun cruceiro de luxo. Mentres que a tripulación brinda todas as atencións necesarias aos ricos invitados, o capitán négase a saír da súa cabina malia a chegada inminente da célebre cea de gala. Os eventos toman un xiro inesperado e o equilibrio de poder invértese cando se levanta unha tormenta que pon en perigo o confort dos pasaxeiros.