Esta semana o Codex Cinema traen as súas pantallas a obra esencial do cine portugués contemporáneo “O SANGUE” unha nova versión restaurada en 4K da ópera prima do cineasta Pedro Costa, autor tamén de Vitalina Varela, hipnótica e impactante película xa vista e desfrutada nas pantallas dos Codex.
Sinopse: Dous irmáns, Nino e Vicente, aprenderon a desenvolverse moi ben xuntos durante as inexplicadas ausencias do seu pai. O día que aparentemente desaparece para sempre non teñen ningún problema en seguir como antes. Sen embargo, un día uns criminais que tiveran negocios co pai tentarán sacarlles información á forza.
A segunda estrea da semana é “DISTURBIOS”, Premio a Mellor Dirección da sección Encuentros na última edición da Berlinae 2022.
Dirixida por Cyril Schäublin, descendente dunha familia de reloxeiros da rexión do Jura suizo, escribiu o guión desta interesante película ambientada nunha fábrica de reloxes a finais do século XIX.
Sinopse: as novas tecnoloxías están transformando unha cidade reloxeira do século XIX en Suíza. Josephine, unha moza traballadora dunha fábrica, produce a roda de disturbios, que xira no corazón do reloxo mecánico. Exposta a novos xeitos de organizar o diñeiro, o tempo e o traballo, involúcrase no movemento local dos reloxeiros anarquistas, onde coñece ao viaxeiro ruso Pyotr Kropotkin.