Este venres chega aos Codex Cinema o filme “SAINT OMER, O POBO CONTRA LAURENCE COLY”, dirixida por Alice Diop. A película representante por Francia foi finalista como Mellor Película Internacional nos Oscars 2023 e obtivo múltiples galardóns internacionais, como o Gran Premio do Xurado e Mellor Ópera Prima na Mostra Internacional de Cine de Venecia.
Sinopse: Tribunal de Saint Omer. A moza novelista Rama asiste ao xuízo de Laurence Coly, unha moza acusada de matar á súa filla de 15 meses abandonándoa durante a marea alta nunha praia do norte de Francia. Pero a medida que avanza o xuízo, as palabras da acusada e as declaracións das testemuñas farán tremer as conviccións de Rama e poñerán en dúbida o propio xuízo.
A segunda estrea da semana é TILL, O CRIME QUE CAMBIOU TODO. Baseada en feitos reais. Película profundamente emocional sobre a verdadeira historia de Mamie Till Mobley e a súa incesante procura de xustiza para Emmett, o seu fillo de catorce anos, asasinado en 1955 por parte de supremacistas brancos. O seu percorrido marca un fito na loita pola defensa dos dereitos civís nos Estados Unidos.
Máis información en: www.codexcinema.info