O delegado territorial, Javier Arias, recibiu hoxe ao secretario xeral da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, Froilán Pallín, para analizar o proxecto da Rolda Leste, que tanta controversia está axerara dentro de asociacións e partidos políticos lucenses. Na xuntanza ambos estiveron acompañados polo xefe de servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas, Gerardo Pallares. Segundo Javier Arias “foi un encontro cordial que serviu para explicar aspectos vitais para nós como a necesidade e os beneficios da obra e o mínimo impacto ambiental no parque do Rato, ademais de para resolver dúbidas sobre esta vía”.
Ademais, unha vez aprobado o proxecto da Rolda Leste e mentres segue aberto o período de información pública, a Xunta de Galicia, a través da Delegación Territorial de Lugo,ten previsto desenvolver unha serie de reunións informativas con colectivos e veciñanza para explicar esta fase da Rolda Leste. “Pretendemos achegar o proxecto aos veciños e veciñas de Lugo, e estaremos a disposición de explicalo nos foros nos que sexamos requiridos”, sinalou o delegado.