Persoal das factorías do Grupo Leite Río iniciaron esta maña mobilicacións para pedir melloras salariais. A primeira das concentracións que teñen previsto realizar tivo lugar esta maña diante da fábrica do Ceao 1 na avenida Benigno Rivera ás 12:30h .
Segundo os traballadores “a empresa está a esixir unha flexibilidade a coste cero, algo que os traballadores non poden asumir”.
Este primeiro parón tivo unha duración de catro horas, dende as 12:00h ata as 16:00h e teñen previsto continuar con máis mobilizacións a semana que ven. Estas mobilizacións están convocadas pola CIG e UGT.