Os militantes de CxG de Lugo abandonan a formación para integrarse a título individual, na futura marea galega, de cara a conformar un movemento político de país que tente conseguir representación no parlamento do estado.
A decisión do abandono das siglas do partido galeguista está, polo momento, circunscrita a Lugo capital e non se sabe a decisión que adoptarán outras localidades aínda que de fora da capital tamén marcharon Rocio López Rico e Iván Marrube, dous cualificados militantes.
A primeira responsable na provincia e o segundo ex-membro da executiva. Isto convertese nun grave contratempo para CxG, pois queda sen representación nas capital lucense a pouco máis de catro meses para as eleccións xerais. Entre outras razóns para o abandono do partido, os militantes lucenses citan ao responsable de organización do partido, Manolo Vello, do que pediron a súa dimisión.