Ribadeo é o terceiro destino de praia con maior reputación do estado segundo Trivago

Ribadeo é o terceiro destino de praia con mellor reputación online de todo o Estado, segundo deu a coñecer o comparador de prezos Trivago. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que se trata dunha excelente noticia que confirma que as cousas se están a facer ben desde a iniciativa privada e desde o Concello.

O rexedor dixo que “se trata dunha moi boa noticia, dunha excelente noticia desde o punto de vista do turismo, que é que esta páxina web tan seguida por millóns de persoas en todo o mundo, este comparador de prezos que se chama Trivago acaba de publicar o ranking de reputación online dos principais destinos de praia cos hoteis mellores valorados de todo o Estado.

E dentro de toda esta liña analizando as opinións de máis de 140 millóns de persoas procedentes de máis de 200 portais de reserva no que ten que ver o Estado español nos 70 destinos de praia máis buscados vemos que Ribadeo está no terceiro lugar. No primeiro posto situase Hondarribia, en Euskadi, e no segundo Playa de Muro, en Suárez Barcia subliñou que “nese terceiro posto está Ribadeo en si, Ribadeo como un todo, non só As Catedrais, nin As Illas, nin Os Castros… está Ribadeo como un todo moi por enriba de outros lugares como Conil, Ribadesella, Tarifa ou Sanxenxo. Ribadeo acada unha valoración por enriba dos destinos clásicos e tradicionais do Mediterráneo”.

Para o alcalde ribadense “iso quere dicir que aquí en Ribadeo estamos a facer as cousas ben. É un orgullo dicir todo isto, pero tamén é unha responsabilidade. Por unha banda, a iniciativa privada á que lle enviamos a nosa sincera noraboa polo seu bo facer, polo seu traballo e porque somos referencia no mundo do turismo e por outra o Concello porque o despegue turístico que logramos facer de Ribadeo nos últimos anos é algo que se demostra sistematicamente”.

O rexedor engadiu que “isto tamén nos indica que queremos seguir nesta liña, traballando nós, xestionando desde aquí e desde logo valoramos que outras institucións nos axuden, porque así o deben facer, pero iso non significa que porque o fagan nos corten a nosa lexítima competencia de seguir facendo de Ribadeo un lugar que brille con luz propia no mundo do turismo. Ese é o noso guieiro e esa é a nosa loita día tras día”, concluiu Súarez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com