Acordada por unanimidade a constitución dos socialistas na Deputación

Os 11 representantes do PSdeG-PSOE na Deputación de Lugo acordaron hoxe por unanimidade a constitución do grupo socialista no organismo provincial, resultando ser Darío Campos Conde, voceiro provincial socialista, e Pilar García Porto, Álvaro Santos Ramos, Eduardo Vidal Baamonde, Pablo Rivera Capón e Sonsoles López Izquierdo, vicevoceiros provinciais.

Os restantes integrantes do Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo son Manuel Martínez Núñez, Lino Rodríguez Ónega, Miguel Ángel Sotuela Vega, Argelio Fernández Queipo e María Loureiro García.

Os deputados socialistas trasladaron hoxe mesmo de xeito oficial este acordo unánime ao organismo provincial de cara a celebración do Pleno de Organización da Deputación de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com