A Xunta presenta máis de setenta actividades para preto de mil persoas

Os catro centros sociocomunitarios promovidos pola Consellería de Traballo e Benestar propoñen máis de setenta actividades para este ano das que poderán beneficiarse preto de mil persoas. A maioría delas comezan entre setembro e outubro, sen embargo durante a temporada estival tamén está previsto a realización de varias excursións.

Estas actividades van destinadas a un público heteroxéneo, de calquera tramo de idade, e presentan una duración variable, aínda que a maior parte de elas perduran un semestre. O centro que proporciona un maior número de propostas é o de Vilalba. Oferta actividades deportivas, mesas de debate e cursos de memoria, para activar a mente e para mellorar o emprego das novas tecnoloxías. Neste centro tamén realízanse varios tipos de voluntariado.

As actividades que se levan a cabo en Ribadeo son distintos tipos de ximnasia, cursos de informática e de adestramento da memoria, talleres de patchwork e talleres de técnicas múltiples. Por outra parte, en Lugo ofrécense cursos para mellorar o emprego das novas tecnoloxías e actividades deportivas.

Finalmente, en Mondoñedo preséntanse cursos de informática, talleres de memoria, actividades deportivas e obradoiros de pintura, costura e bolillo ou xogos de mesa.

Cabe mencionar que algunhas destas propostas están organizadas por outros organismos. Así a Cruz Vermella encárgase dos cursos de ximnasia de mantemento e do de adestramento da memoria en Ribadeo, e COGAMI dos cursos de informática e ximnasia adaptada para maiores no mesmo concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com