A candidata popular Elena Candia, afirmou hoxe nunha mesa de traballo que mantivo co vicerreictor, os decanos e os directores das Escolas universitarias do Campus Terra que “é imprescindible que haxa unha transferencia de coñecemento da Universidade coa cidade” engadindo que “os universitarios e o profesorado deben formar parte do deseño, das estratexias e dos proxectos do Lugo do futuro”
Candia puntualizou que “hai un conxunto de medidas que son fundamentais non só para reter o talento local senón tamén para atraer aos estudantes de fóra do municipio” engadindo que é importante visualizar que “hai oportunidades de traballo para que estes universitarios queden en Lugo e fagan, despois desta etapa universitaria, a súa vida aquí”.
Para reforzar esta conexión do Campus Terra coa cidade Candia propón vía convenio recorrer ao talento local e, en vez de contratar asistencias técnicas fóra aproveitar a formación e a experiencia do profesorado e dos equipos de investigación”
Para apoiar o talento dos universitarios a alcaldable popular propón entre outras cuestións: crear novos espazos con viveiros de empresas par os recen titulados; en materia de vivenda habilitar unha liña de axudas para facilitar os alugueres de pisos e a construción dunha residencia universitaria; crear unha bolsa de axudas para a contratación de alumnado egresado do Campus Terra por parte de empresas;
activación de bolsas de prácticas remuneradas co concello; fondos para liñas de colaboración para asentar grupos de investigación
A candidata do PP tamén comprometeu un reforzo das liñas de autobuses urbanos para mellorar a conectividade do Campus coa cidade
A popular insiste na necesidade de reclamar a mellora das infraestruturas “un elemento clave á hora de que un estudante elixa un ou outro campus para a súa formación académica”.