Recortes Cero ante as eleccións municipais que se van a celebrar o vindeiro 28 de maio de 2023 en Becerreá, Lugo, Sarria, O Corgo, Páramo, Meira, Samos … manifestan o seu apoio activo á candidatura “CONTAMOSGALICIA SEMPRE”, pedindo o voto para as súas candidatas e candidatos e difundindo as súas propostas.
Os punto de colaboración entre as dúas entidades serán:
Difusión activa por parte da organización de Recortes Cero da candidatura de “Contamos-Galicia Sempre”. Colaborando tamén como apoderados o día das eleccións e contribuíndo a garantir as condicións democráticas da xornada.
Promover o apoio á candidatura a través das súas redes sociais, páxina web e das relacións cos medios de comunicación. Así como utilizando os seus propios medios audiovisuais.
Difundir e promover a candidatura nos seus medios de difusión nacionais e con iniciativas de ámbito nacional chamando a apoiar candidaturas de esquerdas.
Considerar a participación en actos electorais de representantes de Recortes Cero dando o apoio á candidatura
Incluír o Logo de Recortes Cero na propaganda (carteis, folletos…) facendo mención ao apoio de Recortes Cero, como unha das organizacións que apoia e pide o voto para “Contamos-Galicia Sempre”. E anunciar publicamente o apoio de Recortes Cero á candidatura a través dunha nota de prensa e no acto de presentación da candidatura.