Cun equipo moi renovado liderado por Carmen José López, o PP de Sarria presenta unha candidatura ao concello na que se conxuga “a experiencia de concelleiros da actual corporación coa reincorporación, nos primeiros postos, de dous concelleiros que xa estiveran en lexislaturas anteriores e novas caras como é o caso da propia cabeza de lista, que se estrea en política despois de acumular experiencia na representación e xestión no ámbito do asociacionismo”. .
“Representamos un proxecto ilusionante para sacar a Sarria da parálise e o estancamento apostando por unha etapa afastada do clima de crispación que caracterizou a política sarriá durante as últimas lexislaturas, nas que o PSOE e Camiña Sarria se deberon máis aos egos dos seus representantes que ao interese da vila e da súa cidadanía”, sinalou Carmen José López.
A candidata agradeceu o respaldo de todo o partido, destacando que proxecto é moito máis amplo que os 22 integrantes da candidatura. “Hai moitísima xente traballando para que o 28M en Sarria se volva falar de construír, de medrar e do futuro próspero que merece a nosa vila”, finalizou a candidata popular.
Aposta polo medio rural
A candidata popular “aposta e apostará polo rural do mesmo xeito que o fai o Goberno Galego. “A Consellería aposta polo rural galego en xeral e polo de Sarria en particular. Por exemplo, desde o ano 2016 levamos investido preto de 350.000 euros en mellorar os camiños rurais deste municipio, unha cifra que só para este ano se aproxima aos 100.000 euros a través do Plan marco de mellora de camiños municipais”.
Candidatura ao completo
Na lista están representados distintos sectores e territorios de Sarria”. A lista ao completo é a seguinte:
- Carmen José López Rodríguez.
- Ricardo Arias Alvaredo.
- Diana García García.
- Marcos López Sánchez.
- Jesús Rodríguez Martínez.
- Mirian Losada Pereiro.
- José Manuel Fernández González.
- María Isabel López Valiña.
- María José Melle Rivas.
- Pablo Díaz Pradeda.
- Laura López López.
- Martín Páramo Fernández.
- Juana Angelina Rodríguez Rodríguez.
- Rafael López Fernández.
- Manuel Valiña López.
- Albina Vilariño Martínez.
- Fernando Carlos Rodríguez Pérez.
Suplentes:
- Mirela Ferizovic Korjenic.
- Esperanza López Rodríguez.
- Marcos López López.
- Raquel Fernández García.
- José Manuel Corbelle Castro.