Candia presenta o programa para ás vindeira eleccións municipais

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Lugo, Elena Candia, deu a coñecer esta mañá o programa co que se presenta ás eleccións do vindeiro 28 de maio.
Candia puxo en valor que se trata dunha proposta “consensuada c”, á que lle agradeceu a súa “implicación, colaboración e xenerosidade para enriquecer o noso modelo de municipio”.
“Sen ese diálogo activo que iniciamos hai meses con veciños e veciñas, con colectivos sociais, con empresas e con todas as forzas vivas nunca teriamos chegado a ser os primeiros en difundir o noso programa electoral”, asegurou a popular.

A popular explicou que o documento está estruturado en 13 áreas que se corresponden cos tres piares da que será a súa acción de goberno se obtén a maioría suficiente: “un Lugo para as persoas (conciliación, benestar e valor sénior), un Concello máis seguro (tráfico e seguridade) e un municipio que asuma o seu rol de motor da provincia (cultura, rural, economía e emprego, infraestruturas, Concello cercano, urbanismo, Universidade e deporte)”.

De entre todas as medidas, Elena Candia subliñou novos compromisos no eido do Lugo para as persoas:
Para a mocidade avanzou que “se deseñará unha programación cultural e deportiva de calidade”, e tamén indicou que “se recuperará un espazo no centro para actividades para os xóvenes que se materializará cun acordo cos propietarios da OJE (Organización Juvenil Española) e tal e como anunciamos crearemos máis pistas multideporte en distintos barrios de Lugo”.
Outra proposta é “habilitar o programa Retorna Lugo unha estratexia dirixida a profesionais que marcharon fóra por cuestións laborais”, nese senso a candidata apuntou que “unha das medidas deste programa para reter o talento será a mellora xeneralizada da conectividade para conseguir que Lugo sexa un espazo de oportunidades e que poida consolidarse ao abeiro de novas tendencias coma o teletraballo”.

Para a mediana idade a popular “impulsará a creación do programa Alumiñar, unha estratexia de apoio para a atención e o coidado dos menores no seu propio domicilio, con especial atención ás familias monoparentais”.
Para os maiores “ve prioritario eliminar a lista de espera no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a súa ampliación con máis prestacións e perfís profesionais coma podoloxía ou psicoloxía”.

Ademais destes tres puntos, o programa contempla tamén a creación de dúas novas delegacións de Policía Local no centro e na zona norte da cidade para axilizar os tempos de resposta e mellorar a atención cidadá; a posta en marcha en determinadas zonas comerciais da cidade con problemas de estacionamento dun novo sistema para fomentar o aparcamento rotatorio, que será gratuíto nas dúas primeiras horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com