O líder da plataforma cidadá Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, declarou na tarde de hoxe nunha entrevista concedida a este medio, que a intención da súa formación é traballar para que “as forzas de esquerda temos que sacar adiante moitísimas propostas”.
Antonte, Lugonovo decidiu non seguir coas negociacións para a súa entrada no goberno municipal, ao non poñerse dacordo ao respecto das condicións propostas para unha rebaixa nos custes políticos do consistorio lucense.
Fernández Rocha non descartou a posibilidade de seguir negociando. ” Tivemos 5.000 votantes, de xeito que vémonos na responsabilidade de capitalizar o cambio que nos esixiu a cidadanía. Parece ser que nestes momentos non poderá ser dende o goberno, pero sí dende a oposición. Esto implica seguir dialogando cas forzas políticas lucenses, non faremos unha política contra ninguén, senón a favor dos lucenses”.
“É evidente que nós temos que fiar moi fino para non facer unha política a prol do Partido Popular, senón unha política de cambio en base ao noso programa en puntos fundamentais como: rexeneración da política, impulso da democracia e defensa da identidade do pais “.
No tocante ao abandono dos militantes en Lugo da formación Compromiso por Galicia, entre eles o propio Fernández Rocha, concretou o que fixeron foi renunciar as súas siglas a título personal “en prol das mareas cidadás”.
Poden visualizar a entrevista ao completo na canle de televisión de Xornal de Lugo a partires de mañá.