Durante a presentación das 13 medidas que implantará para desbloquear o atasco das licencias urbanísticas en Lugo, se chega a alcaldía, Elena Candia aseverou que “unha de cada tres licenzas de obra que se solicitan en Lugo denegase”.
Segundo explicou reorganizará os recursos humanos dos servizos que tramitan as licenzas urbanísticas no Concello e dará solución á “ falta de coordinación e incomunicación entre os distintos servizos técnicos relacionados co de licenzas e que dependen de diferentes partidos políticos”.
Tamén prometeu aproveitar os “recursos legais para axilizar a resolución de licenzas: posibilitar o uso das Entidades de Certificación de Conformidade Municipal ECCOM ou contratar asistencias técnicas puntuais para desbloquear esta situación”.
Actualización, transparencia e publicidade dos criterios de interpretación da normativa urbanística serán outros dos compromisos de Candia. “Suxerimos expedir un documento que avale o criterio da primeira consulta técnica sobre un proxecto para evitar cambios de interpretacións”.
Daráselle prioridade na axilización das licenzas de rehabilitación con criterios de eficiencia enerxética e pendentes de axuda e Impulsarase o planeamento de desenvolvemento no ámbito urbano e rural, con incidencia nos núcleos con licenzas esgotadas. Tamén acometerá a modificación das normativas urbanísticas obsoletas como o PXOM ou o PEPRI
Asemade, Impulsará o desenvolvemento urbanístico de diversas zonas urbanas, rurais e industriais da cidade tomando a iniciativa o concello para o desenvolvemento do planeamento e dará solución ás “zonas industriais de Lugo como o Polígono da Louzaneta, Campiña ou a contorna da estrada de Santiago. Garantirá a validez ou vinculación dos certificados urbanísticos ou cédulas municipais e garantiremos a resolución de licenzas no prazo de 3 meses, se non devolveremos integramente as taxas”.