Hai agora 60 anos o escritor e activista cultural Francisco Fernández del Riego, propoñíalle á Real Academia Galega, tres anos despois do seu ingreso nela, a posibilidade de crear un día ao ano para honrar as nosas letras e darlles visibilidade ás e aos creadores/as en Lingua Galega, nunha xornada que estaría dedicada cada ano a un escritor/a relevante que escribira en galego.
Así nacía o Día das Letras que se celebrou por primeira vez o 17 de maio de 1963. Seis décadas despois o impulsor daquela iniciativa é o homenaxeado. Andando tempo pasaría de día a semana e dende hai uns anos a celebrarse durante todo un ano.
Don Paco, como así era coñecido por os que tivemos a sorte de tratalo, foi un dos alicerces da literatura galega no século XX. Fundou xunto con Ramón Piñeiro a editorial Galaxia ademais doutras iniciativas de interese vital para o noso país, como a Fundación Penzol.
Criado en Lourenzá, a súa familia procedía de Asturias, e en Mondoñedo, pasou grande parte da súa vida en Vigo, onde faleceu a pouco de cumprir os 98 anos, cunha mente lúcida ata o final dos seus días.
Na cidade olívica Don Paco, que estudiará dereito e filosofía en Madrid e Compostela, exerceu de avogado e mesmo de profesor.
Tamén foi de grande importancia a súa actividade política no Partido Galeguista e no Seminario de Estudos Galegos o que lle costou ser represaliado pola ditadura franquista.
Foto: Real Academia Galega.