Esta maña tivo lugar a segunda xornada de folga dos traballadores do metal cunha manifestación polo polígono do Ceao e que segundo os sindicatos tivo un seguimento do 90%. Esta paro foi convocado por Comisións Obreiras, UXT e CIG para esixir dúas demandas: a actualización salarial ao IPC nos próximos tres anos e os atrasos pola actualización de 2022.
O vindeiro xoves 25 de maio está prevista unha nova xornada de folga do sector do metal na provincia de Lugo que emprega uns 5.000 traballadores e de non haber avances nas negociacións ou chegar a un acordo haberá novos paros os días 31 de maio e 2, 6 e 7 de xuño.