Angel Trabada posible xefe de gabinete da Presidenta da Deputación

Comeza a coñecerse o equipo que Elena Candia está a formar e un dos nomes que se baralla para xefe de gabinete da presidenta é o concelleiro do PP por Lugo e funcionario da deputación Angel Trabada. Polo que puido saber este xornal,  Trabada que ademais é Presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, estaría xa nestes momentos colaborando na posta en marcha do citado gabinete, como funcionario da deputación e militante do PP, inicialmente para atender aos asuntos máis urxentes. Polo momento semella ser que non hai ofrecemento oficial nin se chegado o caso aceptaría o cargo, pois e posible que teña outras opcións “in mente”.

Así que haberá que agardar uns días para saber se se confirma a Trabada neste posto ou se vai ao outro departamento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com