Os bombeiros de consorcios provinciais manifestáronse en Lugo en defensa dunhas melloras salariais. Na concentración vivíronse momentos de tensión diante da delegación da Xunta de Galicia en Lugo, cando os manifestantes intentaron traspasar o cordón policial que impedía o acceso á explanada da Xunta para colocar unha pancarta que finalmente puideron colocar con permiso da policía.
A manifestación que partiu da porta de San Fernando ata a Deputación Provincial podíanse ler pancartas en contra dos presidentes da Deputacións de Lugo e A Coruña, José Tomé e Valentín Formoso respectivamente.
A súa principal reivindicación é ser recoñecidos coma persoal fixo; asemade esixen a Xunta e as Deputacións máis medios materiais, dotacións e infraestruturas e un aumento de persoal nos parques de bombeiros.
Fotografía: CRTVG