Podemos-Esquerda Unida

Chus Rodríguez de Podemos-EU pide o voto da esquerda real

A candidata de Podemos-Esquerda Unida pediu onte no mitin central da coalición que se celebrou na rúa Quiroga Ballesteros en Lugo, “por un Lugo diverso, integrado, inclusivo, feminista, ecoloxista, que solucione os problemas reais da veciñanza e teña en conta a súa participación”.

Rodríguez, estivo acompañada por Borja San Ramón, Coordinador de Podemos Galicia, Jon Forrest, Secretario Internacional de Izquierda Unida, as candidatas Isabel Sánchez (nº4 da lista) e Ximena Cheda (nº2). Despois das intervencións de cada unha das participantes, facendo fincapé na necesidade de mobilizar o voto da esquerda, interveu para o peche do acto, Chus Rodríguez, candidata á alcaldía. Defendeu “un programa coherente que dá resposta ás necesidades e demandas reais da veciñanza, porque non están cubertas polos outros partidos políticos, nin do goberno nin da oposición, e ese espazo ocúpao, por ideoloxía e compromiso polo servizo público, a nosa Coalición, como forza de unidade de esquerdas”.

A candidata incidiu en que a “nosa Coalición ten un proxecto de cidade vida, inclusiva, integrada e integradora, na que toda a veciñanza ten o poder e a relevancia e á que queremos devolverlle á cidadanía esa capacidade de decidir, defender os seus dereitos e a súa participación real”. Neste sentido, Rodríguez apelou á necesidade de mobilizar aos votante de esquerdas, os críticos e as críticas, pois “só unidas imos poder darlle a volta a esta situación e construír o Lugo que necesitamos”. Decididamente, segundo Rodríguez, “facemos unha aposta moi forte pola xustiza social, baseada na igualdade de oportunidades e nos dereitos humanos, pola que calquera lucense, poida desenvolver o seu dereito a acceder aos servizos básicos, ter as necesidades cubertas e vivir en paz social; o dereito a unha vivenda digna; unha cidade feminista, na que unha muller non teña por que sentirse insegura na rúa nin desatendida por unha situación de violencia (e isto non é poñer cámaras de seguridade, é ter perspectiva de xénero en urbanismo e mobilidade e adecuados medios e recursos na Casa Muller…); unha cidade verde, na que o rural esté conectado e integrado tamén no urbano e as nosas 54 parroquias, 450 granxas familiares, poidan volver abastecer ao urbano, recuperar os mercados tradicionais e a alimentación de proximidade; unha cidade de cultura universal para todas, onde as artistas locais teñan os seus espazos e podamos devolverlle á cidadanía o espazo público”.

Defendemos unha cidade, subliñaba Rodríguez,, definitivamente transparente e participativa, amable, coidada, unha cidade para vivir”. A candidata da Coalición rematou o seu discurso, pedindo o voto para Podemos – Esquerda Unida e argumentando que “a liberdade en democracia é xustiza social para todas, é igualdade real de todos e todas, e protección do noso medio ambiente, é loitar pola cidade que queremos para vivir”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com