Elva Carrera  presentou a candidatura e as propostas do Bloque para A Pastoriza

Durante a presentación a candidata nacionalista declarou “teño a sorte de contar cunha equipa de 17 persoas chea de experiencia demostrada de diferentes ámbitos profesionais, que se ampara en novas ideas e o mellor esforzo de eles e elas para facer avanzar A Pastoriza”

Carrera subliñou “que vai continuar coa folla de ruta para seguir mellorando A Pastoriza, dando prioridade as verdadeiras necesidades e resolvendo os problemas das veciñas e veciños, por iso, este 28 de maio precisamos ir a máis, camiñar xuntas e xuntos para que o BNG sexa quen lidere este concello, sempre desde a honestidade, o rigor e as ideas claras, porque A Pastoriza merece moito máis”

Por outra banda, Carrera destacou “precisamos contar coa convicción de ampliar este proxecto para que as veciñas e veciños teñan máis oportunidades e servizos, a contar cunha administración máis áxil e doada, afondar nun proxecto centrado no desenvolvemento das nosas potencialidades, como é a nosa gandaría, que é unha potencia en Galiza e no Estado” A candidata remarcou que o seu goberno será un goberno que mire ao futuro, un goberno comprometido co benestar das veciñas e veciños, un goberno capaz de crer sinerxías para poder sacar o mellor deste concello, en definitiva, poñer á fronte da Pastoriza un goberno á altura que merece”, concluíu a candidata nacionalista, Elva Carrera.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com