Candia ateiga o pavillón da universidade no mitin central do PP

O PP celebrou esta tarde o mitin central da campaña das eleccións municipais do vindeiro domingo día 28. Nun pavillón ateigado de militantes e simpatizantes que arrouparon á candidata á alcaldía Elena Candia, onde o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subiu ao estrado para proclamar que “a próxima alcaldesa de Lugo será Elena Candia”.

Na súa alocución Candia criticou sen paliativos a política do goberno municipal referíndose a dous dos proxectos de Psoe e Bng que están sendo moi contestados pola veciñanza de Lugo, o carril bici e as peonalizacións. A este respecto Candia dixo “que semella unha pugna a ver quen peonaliza máis”.

Para Candia o goberno municipal mantén “a Lugo nunha realidade inventada que non se corresponde para nada coas prioridades da xente” e criticou que o actual goberno falaba de transformar Lugo pero para alcaldable do PP “transformación é a que fixo a Xunta no barrio da Residencia”.

Sinalou tamén que quere “un Lugo motor da provincia” e que “a partir do día 29, e en tres meses haberá unha resposta para as empresas, autónomos ou particulares que levan tempo agardando por unha licenza municipal”.

Para rematar pediu “un último esforzo aos afiliados e simpatizantes para que o 28 de maio os populares acaden á alcaldía”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com