Esta semana os Codex Cinema estrean dúas longametraxes, “Matar cangrexos” e “ O colibrí” e a curtametraxe de Pedro Almodóvar “Estraña forma de vida”, un filme no que Almodóvar humaniza e enaltece o wester, unha excelente curtametraxe que o único negativo é que sexa tan curta.
En “Estraña forma de vida” a tensión sexual, o morbo e a intimidade chegan en formato diálogo, con miradas que traspasan a pantalla.
Sinopse: un home cruza a cabalo o deserto que o separa de Bitter Creek. Ven visitar o Sheriff Jake. Vinte cinco anos antes, ambos –o sheriff e Silva, o rancheiro que vai ao seu encontro – traballaron xuntos como pistoleiros a soldo. Silva ven co pretexto de reencontrarse co amigo da xuventude e, efectivamente, celebran o encontro pero á mañá seguinte o sheriff Jake dille que a razón da súa viaxe non é o reencontro da vella amizade.
A outra estrea da semana é “Matar Cangrexos”, é unha película alegre e melancólica que traslada ao espectador a un pobo da costa de Tenerife no ano 1993. Un filme moi emotivo e entretido.
Sinopse: Rayco, un neno de 8 anos e a súa irmá Paula, de 14, pasan o tempo como poden mentres agardan ansiosos a chegada a Tenerife de Michael Jackson. Pero a súa nai quedouse embarazada e a súa vida pode cambiar antes de que o cantante chegue á illa.
E a última estrea da semana nos Codex Cinema é o filme italiano da directora, Francesca Archibugi, “O colibrí”. Esta película é unha adaptación á gran pantalla da novela homónima de Sandro Veronesi, escritor italiano.
Sinopse: a película narra a historia de Marco Carrera a través dos recordos: da adolescencia, cando coñece a Luisa, o amor da súa vida; do seu paso por Roma, onde vivirá durante anos con Marina e Adèle, a esposa e a filla; e da etapa de Florencia, onde o seu amigo, o psicanalista Daniele Carradori , ensinaralle a afrontar os golpes do destino co mellor dos ánimos.