LugoSiradio Becerreá, emitira mañá día 28 a partir das 20 horas e ata que se saiban os resultados de Lugo Capital e dos concellos máis importantes, un programa especial no que participarán Alberte Rodríguez Feixóo, exdeputado do BNG, Miguel Couto, exconcelleiro polo PSdeG-Psoe no Concello de Lugo, Paco Villanueva, sindicalista da CIG, Paco Nieto, xornalista e Xosé Ramón Penoucos xornalista. O programa sera conducido por Eloi Caldeiro.
Nas cerca de tres horas de emisión, en rigoroso directo, iranse analizando os resultados que se vaian coñecendo por parte dos convidados, e conectarase con políticos que se presentan a estas eleccións para saber as súas opinións, complementado todo elo con música.
Esta nova acción de LugoSiRadio Becerreá vai ser, sen dúbida, un fito xa que, se se quere saber todo o que vai deparar a xornada do 28 de maio en Lugo haberá que sintonizar o 107.4 da FM ou entrando en Xornaldelugo.com e picando no logotipo de LugoSiRadio. Xa que non hai outra emisora que dedique toda a súa programación a Lugo e en tempo real.
Mai 27, 2023 - 05:17 PM
Unha boa equipa de tertulianos, con experiencia e moito coñecemento, será un pracer escoitarvos 👍🏻👏🏻