O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo pecha hoxe as celebracións do fin de curso coa Gala de clausura do curso 2022/23 do alumnado matriculado en 4º, 5º e 6º, na que estudantes de grao profesional das especialidades de danza clásica e contemporánea interpretan pezas tanto de creación coreográfica propia como obras de repertorio.
O Conservatorio Profesional de Danza depende da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades; conta con case 200 alumnos e 21 docentes, unha comunidade educativa moi dinámica que programa unha grande cantidade de actividades culturais e de promoción das ensinanzas polo que, ademais de dar a coñecer os seus estudos, convértese nun axente dinamizador da danza na cidade e fóra dela. Así mesmo, conta coa única biblioteca especializada en danza da comunidade autónoma, o que a converte nun referente.
Foto: Danza (Arquivo)